sábado, 31 de mayo de 2014

II ANDAINA POLO TAICHI

E no día do señor a 31 de maio do 2014, sábado para máis indicacións, fomos ao Concello de Ames.
Comenzamos cuns pequenos exercicios de quecemento, o TAICHI non pode faltar, e nos puxemos a camiñar pola ruta de Riamonte, ao lado dun fermoso e non contaminado regato cheo de muiños... uns 11, pero non o podo precisar porque o contador oficial acabou cansando de contar.
A ruta ten falta de señalización máis clara, e de señalización en xeral, pero vamos, como era cousa de subir e baixar o monte San Marcos, perder non nos perdemos.
As vistas dende o alto do monte son fermosas de verdade, con esa sensación de "mira a onde chegamos e que pequeno é todo visto dende aquí". O airiño era frío, pero non nos podemos queixar do día que foi ben bonito tendo en conta o que leva chovido estes días atrás.
Estamos collendo a tendencia de ir a modo de veras; acaban facendo máis TAICHI do que pensan e iso sen decirlles nada, que me son máis RIQUIÑ@S; estresar non estresamos, porque o que iba ser unha ruta corta, ao final acabou sendo de toda a mañá e parte da tarde. É o mellor para compensar as prisas da semana.
Comemos en Tapia COMPARTINDO o que había, como debe ser; démoslle vida ao carrito dos perritos calientes e puxémonos a xogar... ao pano para ser exactos... sí ao xogo da nosa infancia; canto fará que non xogan?...  pois nesta ruta xogaron.
Rematamos con máis TAICHI, para despois sentarnos ao lado do río e DISFRUTAR coa compañía. Sen presas.
E por suposto levamos as toallas.

martes, 20 de mayo de 2014

I ANDAINA POLO TAICHI

Pois alá nos fomos, ao Concello de Touro que é onde fixemos nacer esta ANDAINA.
Concretamente facento a ruta de Santaia a Ponte Basebe. Con moita calma, que non era cousa de andar con prisas, eso xa o facemos todos os días; tratábase de disfrutar de toda a paisaxe e dos sons que os ríos e o monte nos deron. Para nós sós, por certo.
Quedounos o corpo divino; eso sí, primeiro sesión de TAICHI para acondicionalo e preparalo para o camiño. Camiñar disfrutando. Comer. E rematar con máis TAICHI para mimar o corpo outra vez.
Desta xente, que decir, SUPERLATIVOS, de boa raza que son. O que eu chamo "almas limpas": persoas que suman xa só coa personalidade que teñen; si por enriba se poñen a facer cousas... se salen.
Eso sí, hai que levar toalla.