sábado, 31 de mayo de 2014

II ANDAINA POLO TAICHI

E no día do señor a 31 de maio do 2014, sábado para máis indicacións, fomos ao Concello de Ames.
Comenzamos cuns pequenos exercicios de quecemento, o TAICHI non pode faltar, e nos puxemos a camiñar pola ruta de Riamonte, ao lado dun fermoso e non contaminado regato cheo de muiños... uns 11, pero non o podo precisar porque o contador oficial acabou cansando de contar.
A ruta ten falta de señalización máis clara, e de señalización en xeral, pero vamos, como era cousa de subir e baixar o monte San Marcos, perder non nos perdemos.
As vistas dende o alto do monte son fermosas de verdade, con esa sensación de "mira a onde chegamos e que pequeno é todo visto dende aquí". O airiño era frío, pero non nos podemos queixar do día que foi ben bonito tendo en conta o que leva chovido estes días atrás.
Estamos collendo a tendencia de ir a modo de veras; acaban facendo máis TAICHI do que pensan e iso sen decirlles nada, que me son máis RIQUIÑ@S; estresar non estresamos, porque o que iba ser unha ruta corta, ao final acabou sendo de toda a mañá e parte da tarde. É o mellor para compensar as prisas da semana.
Comemos en Tapia COMPARTINDO o que había, como debe ser; démoslle vida ao carrito dos perritos calientes e puxémonos a xogar... ao pano para ser exactos... sí ao xogo da nosa infancia; canto fará que non xogan?...  pois nesta ruta xogaron.
Rematamos con máis TAICHI, para despois sentarnos ao lado do río e DISFRUTAR coa compañía. Sen presas.
E por suposto levamos as toallas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario