lunes, 16 de junio de 2014

III ANDAINA POLO TAICHI

Sigüeiro, no concello de Oroso, acolleunos desta vez para facer a III Andaina. Ruta do Tambre.
Comenzamos á hora prevista, cousa que teño que resaltar, porque non sempre pasa esto. Un pouco de taichi de quecemento e a camiñar.
O primeiro tramo nesta época resulta un pouco selvático, cousa que a os nenos hai que recoñecer que lles gusta porque as herbas eran máis altas ca eles; aos adultos non tanto porque se fai complicado poñer o pé e ademáis as gramíneas están en pleno auxe e iso para os alérxicos é un pouco molesto.
O río Tambre foi o noso compañeiro, e non podo dicir que esté precisamente en bo estado; en xeral os ríos do País dos Mil Ríos están bastante maltratados: cando non é unha antiga mina é o lixo das casas, ou unha minicentral, ou a pouca delicadeza dos que pasan por eles... o caso é que resulta moi triste ver como o sangue, a riqueza da nosa terra ( que só con sair un pouco por eses mundos xa nos damos conta do moito e bo que temos), pois digo que é triste ver como a esa riqueza non lle temos respeto; xa non digo que a amemos con pasión, só pido RESPETO; que si a todos nos gusta que nos deixen a casa en bo estado cando alguén nos visita, o mesmo pasa con esa gran casa que é a terra que nos rodea. Os ríos ademáis son fundamentais, a auga é a base da vida... non sei que clase de discurso habería que facer para que calase na conciencia de todos; de TODOS, que non é cousa só de políticos, por certo votados polo pobo, é cousa de todos os que habitamos esta estupenda terra.
A ruta é sinxela, toda en llano. Pasamos por duas áreas recreativas, voltamos polo mesmo camiño e fixemos wudang e un pouco de meditación ao lado dunha cantareira fervenza. Ese momento foi noso, do FANTÁSTICO GRUPO de TAICHI que se deixa guiar porque saben que quero con moita ansia que aprendan a sentirse ben en todos os momentos das súas vidas.
Facer a ruta de ida e volta polo mesmo sendeiro resulta interesante realmente, pois eu pensaba que sería monótono facer duas veces o mesmo camiño, pero como cambia a perspectiva en realidade tes a sensación de facer un camiño máis completo; digamos que ves de frente o que ao ir che quedou ás costas. É unha bonita sensación. Yin e yang.
Rematamos á hora prevista tamén (estamos que nos salimos de ben organizados), e así cumplimos o de deixar a tarde libre para uso e disfrute de cada un.
E bueno, a toalla segue a ser o elemento máis imprescindible xunto coa botella de auga.

No hay comentarios:

Publicar un comentario